Axuda

Preguntas frecuentes

As dúbidas máis habituais de clientes e pilotos.

Preguntas frecuentes

Canto custa publicar un encargo?

Nada. Publicar un encargo e recibir propostas é gratis.

Como se lle paga ao piloto?

O prezo e a forma de pagamento acordádelos directamente co piloto que escollas.

Como sei que un piloto está en regra?

Verificamos rexistro AESA, certificados e seguro antes de mostrar o selo no seu perfil.

Quen tramita os permisos?

O piloto que escollas. No mapa de zonas ves que trámites se aplican antes de publicar o encargo.

Que pasa se o voo non se pode facer?

O mapa de zonas avísache antes de publicar, e o piloto confírmao antes de aceptar o traballo.

Como falo co piloto?

Os pilotos escríbenche dentro de DroneX e revisamos cada proposta antes de enviarcha. En canto respondes a un piloto, podedes intercambiar teléfono e correo para pechar o traballo.

Canto tarda a verificación dun piloto?

Menos de 24 horas laborables desde que sube os documentos.

Traballades en toda España?

Si, incluídas Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla.